Neste concello tramítase expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, por instancia e en beneficio de Xestión Urbanística de A Coruña, S.A., para a execución do Plan parcial do SAUI, sector 1 das normas subsidiarias municipais (parque empresarial de Sigüeiro-Oroso).
Neste expediente formularon alegacións os propietarios dos predios nº 12, Paulino Blanco García e Isolina Ramos Carollo, e nº 13, Severino Rial Botana, S.L., sobre exclusión da expropiación, e foron informados pola entidade beneficiaria da expropiación. Nese informe establécense as condicións para a citada exclusión.
Por resolución desta alcaldía do 1 de agosto de 2003, acórdase, de conformidade cos artigos 146 e 147 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, somete-lo expediente de exclusión da expro
piación a información pública polo prazo de 20 días, mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Oroso, 1 de agosto de 2003.
Manuel Mirás Franqueira
Alcalde

