Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Oroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento de local para instalación de dependencias municipais.

b) Prazo de execución: do 1 de outubro de 2003 ó 30 de setembro de 2007, prorrogable nos termos indicados na cláusula 7 do prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso, conforme o prego de cláusulas administrativas aprobado por decreto da Alcaldía do 30 de xullo de 2003. O prego de cláusulas económico-administrativas sométese a información pública xuntamente coa convocatoria de licitación, e esta licitación aprazarase no suposto de que se formulasen reclamacións contra el no prazo de oito días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP a teor do disposto no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

4. Orzamento base de licitación.

1.000 euros mensuais (IVA incluído).

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Oroso.

b) Enderezo: praza do Concello, nº 1.

c) Localidade e código postal: Oroso, 15884.

d) Teléfono: 981 69 14 78.

e) Telefax: 981 69 17 86.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación de ofertas: o décimo quinto día natural seguinte ó da última das publicacións deste anuncio no BOP e no DOG.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Modelos de proposición e de sobre.

Os sinalados na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Oroso, 4 de agosto de 2003.

Carlos Noya Fernández

Alcalde-presidente en funcións