Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (4474/2002).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada con data do 24 de xullo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente as alegacións presentadas por Mª de las Victorias Álvarez Rodríguez, no seu propio nome o no da comunidade hereditaria de Juan Rodríguez Montero e Ubaldo Álvarez Ruiz, e por Felisindo Espinosa Borrajo, de conformidad cos informes técnicos do 3 de xullo de 2003 e xurídico de 21 de xullo de 2003, dos que se lles dará traslado ós alegantes para os efectos de motivación, e

2. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do espacio público na UE 4 da zona 12 do PERI da cidade histórica de Ourense, por instancia de Juan Carlos Cabanelas Rodríguez, en representación de Xestur Ourense, S.A., coas mesmas condicións do acordo de aprobación inicial (Comisión Municipal de Goberno do 10 de abril de 2003), ben que a garantía esixida nel só deberá ser constituída no caso de que se proceda á edificación e urbanización simultánea, ó abeiro do disposto no artigo 41 do Regulamento de xestión urbanística.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 5 de agosto de 2003.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente