Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUNTÍN

EDICTO.

Anúnciase a contratación mediante concurso, con procedemento aberto, para a subministración de mobiliario con destino ó Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade en Guntín de Pallares.

1. Obxecto do contrato: compra ou adquisición do mobiliario con destino ó Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade en Guntín de Pallares.

2. Orzamento máximo de licitación: 103.179,68 euros.

3. Forma e procedemento de adxudicación: concurso procedemento aberto.

4. Capacidade para contratar: poderán concorrer por si ou por medio de representantes autorizados, as persoas físicas ou xurídicas que non se encontren incursas en ningunha das prohibicións para contratar e incompatibilidades a que se refire o artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000.

5. Lugar e prazo de presentación: no rexistro do Concello de Guntín en horario de 9.30 a 14.30.

O prazo é de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación no BOP e no DOG. Poderán enviarse as proposicións por correo, anúnciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama o mesmo día.

6. Garantía provisional: 2% do orzamento do contrato.

7. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

8. Gastos de anuncios: os gastos de publicación en diarios oficiais son por conta do adxudicatario.

Guntín, 18 de agosto de 2003.

Jesús Carreira Ferreiro

Alcalde