Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

O Concello de Mos, en sesión plenaria do 31-7-2003, aprobou definitivamente a modificación das normas subsidiarias municipais, ambas inclusive, da Urbanización San Antoíño, do concello de Mos, promocionado por Rúas de Mos, S.L. A modificación consiste no que segue:

Tipoloxía: modifícase de vivendas pareadas a vivendas unifamiliares illadas.

Actual Z2-AModificación Z3

Superficie16,881 m13,645 m

Edificabilidade0,90 m/m0,80 m/m

Ocupación25%25%

Altura6 m6 m

Recuamentos fronteLiña paisaxísticaLiña paisaxística

Recuamentos laterais3 m3 m

Nº vivendas40 vivendas22 vivendas

Parcela mínima> 400 m,> 500 m

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o seguinte ó da súa notificación (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998).

Todo isto sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se coide máis procedente e sexa conforme a dereito.

Mos, 5 de agosto de 2003.

María Jesús Escudero Lago

Alcaldesa