Aprobadas inicialmente pola Alcaldía, por Resolución do 24 de xullo de 2003, as actuacións urbanísticas que se relacionan, en cumprimento do disposto polo artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sométese a información pública, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, durante o cal poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións que se consideren oportunas.
-Plan parcial do sector R.1, A Pedreira.
-Proxecto de compensación sector R.1, A Pedreira.
-Proxecto de urbanización sector R.1, A Pedreira.
Padrón, 28 de xullo de 2003.
Jesús Villamor Calvo
Alcalde

