Por Decreto da Alcaldía do 4 de setembro de 2003, apróbase o prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento para a contratación da obra que se indica, o cal se expón ó público polo prazo de oito días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, computándose para efectos de prazos a última publicación de ambas, para que se poidan presentar reclamacións por quen se considere interesado.
Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se adiará cando resulte necesario de presentarse reclamacións ó prego.
1. Entidade adxudicadora: Concello de Toén, r/ Ribadela, 1. 32930 Toén (Ourense).
2. Obxecto do contrato: obra, proxecto básico e de execución do edificio para centro de día en Toén (última fase) redactado polo arquitecto Sergio Mascareñas Nogueiras con data de xullo de 2003.
Prazo de execución: 6 meses.
3. Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Tipo de licitación: 208.004,06 A e máis tributos incluídos.
5. Garantías:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do tipo de licitación.
6. Obtención de información e documentación: na Secretaría do Concello de Toén. Ribadela, 1. 32930-Toén (Ourense). Telf.: 988 26 10 74. Fax: 988 26 12 72.
7. Requisitos xerais do contratista: sinalado no prego de condicións administrativas.
Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría a. Grupo C, subgrupo 4, 6 e 9, categoría b.
8. Presentación de proposicións:
a) Prazo e lugar: rexistro xeral do Concello de Toén, durante os 13 días naturais desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns en que apareza (BOP e DOG) entre as 9.00 e as 14.00 horas de luns a venres no servicio técnico da Copistería Copyplaza, S.L., sita na praza Maior de Ourense, nº 8, así como o prego de condicións que rexerán a contratación para efectos de obtención de copias.
b) Documentación que hai que presentar:
Proposicións para tomar parte na licitación para a contratación da obra de proxecto básico e de execución de edificio para centro de día en Toén (última fase), polo procedemento aberto mediante concurso convocado polo Concello de Toén.
Constarán de dous sobres cerrados, de A e B, que conterán a documentación sinalada na cláusula XVIII do prego de condicións administrativas particulares, denominados:
Sobre A) documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada.
Sobre B) oferta económica e criterios diferentes ó do prezo.
9. Apertura de ofertas: ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, considerándose para este caso inhábil o sábado.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Toén, 10 de setembro de 2003.
José Puga Suárez
Alcalde

