Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de plantas depuradoras de augas residuais domésticas.

De conformidade co acordado pola Presidencia, en decreto do día 11-9-2003, convócase concurso para subministración a esta deputación de 38 plantas

depuradoras de augas residuais domésticas, con tipo de licitación de 5.320.000,00 euros, IVE incluído. Os pregos de condicións íntegros publícanse no BOP do día da data, e será facilitado gratuitamente a tódolos que o soliciten.

Enderezo: rúa Progreso, 32. Teléfono 988 38 51 00 ou fax: 988 38 51 84.

A presentación de ofertas e documentación debe realizarse no Rexistro Xeral da Deputación ata as 13.00 horas do día 4 de novembro de 2003. A apertura de ofertas realizarase o día 5 de novembro, ás 12.00 horas, no Pazo Provincial. No caso de recibirse anuncio de ofertas por correo, sen que a documentación teña entrada antes do día 5 de novembro, o acto de apertura celebraríase o día 6 do mesmo mes, ás 12.00 horas.

Garantías: provisional do 2% do tipo de licitación; definitiva do 4% do importe da adxudicación.

Ourense, 16 de setembro de 2003.

José Luis Baltar Pumar

Presidente