Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra de alargamento e acondicionamento EP San Vicente-O Grove (O Grove).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da dita obra por importe de 1.840.840,67 euros, IVE incluído.

Clasificación empresarial: grupo E, subgrupo 4, categoría d; grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 11.00 horas do mércores da semana seguinte á do día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas.

Información e obtención de documentación: Servicio de Constratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 12 de setembro de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado