Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.025

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2003 pola que se convocan probas extraordinarias de selección de alumnos para a promoción 2003/2005 para a Sección de Especialización da Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia.

O Decreto 270/1997, do 18 de setembro, polo que se crea a Escola de Altos Estudios Musicais de Gali

cia (DOG nº 191, do 3 de outubro) prevé, dentro do funcionamento da escola, a Sección de Especialización. Nesta sección preténdese ofrecer ó panorama dos estudios musicais na Comunidade Autónoma de Galicia a oportunidade de perfeccionamento instrumental dos novos valores, nas súas distintas especialidades, mediante a formación individualizada cara á súa integración profesional ó máis alto nivel.

Con esta finalidade, o IGAEM convoca probas extraordinarias de admisión e selección de alumnos

cara á vindeira promoción 2003/2005, para celebra-lo día 25 de outubro de 2003 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, sito na avda. do Burgo das Nacións s/n, nas especialidades de violín, viola, contrabaixo e trompa.

As bases da convocatoria, poderán ser examinadas e/ou solicitado o seu envío por correo na sede administrativa do IGAEM (Pavillón de Galicia, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela). As solicitudes poderán presentarse ata o día 15 de outubro de 2003 no Rexistro do IGAEM, ben persoalmente, ben por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Quen opte por presenta-la súa solicitude nun rexistro diferente ó do IGAEM deberá comunicalo por telegrama ou fax dentro do prazo.

As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

1. Dúas copias das obras que se van interpretar libremente coa parte de piano, se a ten.

2. Fotocopia do título de grao medio ou superior ou da certificación de estudios correspondente, ou declaración persoal del.

3. Fotocopia do DNI ou equivalente.

4. Currículum vitae e fotocopia da documentación acreditativa dos méritos que se aleguen.

5. Fotocopia do certificado de residencia ou declaración persoal del.

6. Unha fotografía tamaño carné.

Soamente se pedirán documentos orixinais ou compulsados ós alumnos que superen as probas, no momento de formaliza-la matrícula, sendo entón imprescindible a súa presentación.

O día 21 de outubro de 2003 serán expostos, no taboleiro de anuncios do IGAEM e no da Escola no Auditorio de Galicia, os horarios das probas para cada un dos instrumentos. Os aspirantes deberán acudir ás probas media hora antes provistos do seu DNI.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2003.

José Manuel Soto

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais