Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2003 pola que se anuncian os procedementos de licitación, por concurso, dos contratos de elaboración de proxecto e execución das obras que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxectos dos contratos.

2.1.a) Descrición do obxecto: proxecto e execución da obra da área de estacionamento de autobuses de Xove (Lugo).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características e anteproxecto.

c) Orzamento base de licitación: importe máximo retido: 95.524,42 euros.

d) Garantías:

Provisional: 1.910,49 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

e) Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo C; subgrupo 3; categoría c.

2.2.a) Descrición do obxecto: proxecto e execución da obra da estación de autobuses de Cee (A Coruña).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características e anteproxecto.

c) Orzamento base de licitación:

Importe máximo retido: 318.414,72 euros.

d) Garantías:

Provisional: 6.368,30 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

e) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C; subgrupo ; categoría e.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen as contratacións, os seus cadros de características e anteproxectos poderanse recoller en:

a) Entidade: nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPV; a indicada documentación así como o proxecto de execución da obra poderá ser consultada no seguinte enderezo: NINO, Centro de impresión digital. R/ Xeneral Pardiñas nº 2. Santiago de Compostela; CP 15706. Teléfono: 981 58 89 38.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén se poderán recolle-los pregos de cláusulas administrativas particulares e os cadros de características na páxina da Internet:

www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=3127.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme co disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Enderezo: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

6. Apertura das ofertas.

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: Praza de Europa 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12.00 horas do décimo primeiro día hábil contado a partir do día seguinte á data límite de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

7. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios ata un importe máximo de 6.000 euros.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2003.

P.D. (Orde do 6 de marzo de 2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda