Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2002/0380, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, do 14 de decembro de 2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificáselle ó interesado, co último domicilio coñecido en Marqués de Santa Cruz, número 4-6, 15406 Ferrol (A Coruña), a resolución do recurso de alzada número V-2002/0380, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, de data 14 de decembro de 2001, da que a parte dispositiva di:

Na súa virtude,

RESOLVO:

Desestima-lo recurso de alzada número V-2002/0380 presentado por José Martínez Rey contra a resolución dictada o día 14 de decembro de 2001, polo delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) da Coruña, pola que se resolve o financiamento cualificado para a adquisición dunha vivenda declarada protexida no expediente 15-G-0567/01; resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, de conformidade co artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda