Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso, con procedemento aberto, o contrato de consultoría e asistencia seguinte:

Obxecto: asistencia técnica para a dirección facultativa, coordinación da seguridade e saúde e control de calidade das obras correspondentes ó proxecto de urbanización do Plan parcial de ordenación do sector SUP 1-R do Carballido.

Orzamento de licitación: 161.313 euros.

Fianzas:

-Provisional: 3.224,80 euros.

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución e entrega: o prazo de execución destes traballos comprenderá o prazo de execución das obras, a súa recepción e o remate do prazo de garantía delas.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de quince días (15) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13.00 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9.00 ata as 13.00 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 17 de setembro de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde