Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria realizada con data do 7 de agosto de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación do proxecto de urbanización do sector A6 do PXOU de 1986, por instancia de Manuel Freijeiro Mato, en representación da Xunta de Compensación do dito ámbito de xestión urbanística coas condicións do acordo de aprobación inicial (Comisión Municipal de Goberno do 15 de maio de 2003, rectificado por outro posterior do 5 de xuño).

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 14 de agosto de 2003.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente