Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de equipos informáticos con destino ó servicio de asistencia a municipios (aplicacións SigEIEL e WebEIEL).

Obxecto: subministración de equipos informáticos con destino ó servicio de asistencia a municipios (aplicacións SigEIEL e WebEIEL).

Lugar de entrega e instalación: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 36.780,00 euros, desagregado en tres lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional s/n, 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 15 de setembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña