Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das notificacións dos expedientes de sanción por infracción na orde social que se cita.

Notifícaselles, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non poder notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infracción na orde social (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral), o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

-Empresa: Kids Lugo, S.L.

Domicilio: av. Coruña, 177, baixo, Lugo.

NIF: B-27247149.

Nº exp.: 46/2003.

Contía: 3.005,66.

Disp. infrinxida: artigo 5.1º R.D. 5/2000.

-Empresa: Wall Street Institute, S.L.

Domicilio: av. Coruña, 62, baixo, Lugo.

NIF: B-27231315.

Nº exp.: 48/2003.

Contía: 3.005,66.

Disp. infrinxida: artigo 5.1º R.D. 5/2000.

Contra esta resolución poderán interpor os interesados recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselles que de non ser presentado este en tempo e forma, haberán de aboa-la multa imposta a través de Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exación pola vía de contrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 30 de xullo de 2003.

P.A. (Art. 10.3º.1, Decreto 212/2003, do 3 de abril)

Alberto José López Díaz

Secretario provincial de Lugo