Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 14 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de resolución do procedemento de reintegro das axudas á contratación indefinida reguladas na Orde do 13 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 60, do 27 de marzo).

Con data do 18 de febreiro de 2003, o delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Empre

go e Relacións Laborais de Ourense dictou a resolución pola que se acorda a procedencia do reintegro da axuda concedida á empresa Puertas Macia, S.L. con número de expediente FM342B 2000/977-3.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no número 5º do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ó interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento desta.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que lle asiste para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó desta publicación, ante esta delegación provincial, todo iso de conformidade con establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992 , do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sitas na rúa Concello, 4 de Ourense, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de agosto de 2003.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: FM342B 2000/977-3.

Nome ou razón social: Puertas Macia, S.L.

DNI/NIF: B32253395.

Último enderezo coñecido: r/ Barrondas s/n, 32911, San Cibrao de Viñas (Ourense).

Feito imputado: non mante-la contratación indefinida que foi obxecto de subvención.

Precepto infrinxido: base décima do anexo B da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo), pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro de axuda.