A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 29-7-2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estudio de detalle no contorno do río Arteixo, tramitado por instancia de Pedro Barreiro Vázquez en representación de Pedro Barreiro Construcciones, S.L., o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións que se inserirán no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia.
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes (expediente 33/2003.PED).
Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se consideran no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 25 de agosto de 2003.
María Isabel Vila Vilas
Alcaldesa en funcións

