Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria e urxente celebrada o día 25 de setembro de 2003, por proposta do concelleiro delegado de Urbanismo, e de conformidade co disposto no artigo 77.1º e 3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación

urbanística e protección do medio rural de Galicia, acordou, por unanimidade, suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para todo o termo municipal da Estrada, con carácter absoluto e xeral, co fin de estudia-la formación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Este acordo de suspensión extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano computado a partir do momento da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

A Estrada, 26 de setembro de 2003.

O alcalde acctal.

Rubricado