O Pleno do Concello de Narón, en sesión celebrada o día 31 de xullo de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle nunha parcela no Ponto, promovido por Distribuidora Internacional de Alimentación, S.A. e redactado pola arquitecta Ana María Fonticoba Graña.
O acto da aprobación definitiva do citado estudio de detalle foi comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 1 de agosto de 2003, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
De acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, publicouse no BOP nº 190, do 20 de agosto de 2003, o texto íntegro da normativa.
Contra o acordo de aprobación definitiva do devandito estudio de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, alternativamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello de Narón no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
Narón, 21 de agosto de 2003.
José M. Blanco Suárez
Alcalde accidental

