Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA RÚA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello da Rúa, en sesión que tivo lugar o día 14 de agosto de 2003, co quórum da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, adoptou o seguinte acordo:

Con fundamento no proxecto inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Rúa e no artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a suspensión das licencias que teñan por obxecto actividades de parcelación de terreos, edificación e demolición para áreas ou usos deter

minados, co fin de estudia-la súa formación ou reforma nas seguintes áreas que a continuación se relacionan. Igualmente, acordouse interrumpe-lo procedemento de concesión de licencias solicitadas con anterioridade á aprobación inicial cando o contido sexa contrario ás previsiones da nova ordenación. A suspensión do outorgamento de licencias extinguirase no prazo de dous anos contados a partir da data de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Rúa, que tivo lugar o 3 de xuño de 2002.

Áreas de suspensión de licencias.

Con fundamento no proxecto inicial del Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Rúa, establécense as seguintes áreas nas que se suspenden as licencias que teñan por obxecto actividades de parcelación de terreos, edificacións ou demolicións para áreas ou usos determinados:

A.1. As superficies EL-1, próxima á residencia Os Pinos; EL-14, situado na praza E. Casanova; EL-18, na intersección rúa Circunvalación con rúa Progreso; EL-20, situado na rúa Pireira; EL-22, próximo á residencia da 3ª idade; EL-23, próximo á residencia da 3ª idade; EL-24, próximo á residencia da 3ª idade; EL-30, en Vilela; EL-38, antigo vertedoiro, por constituír espacios libres no Plan Xeral de Ordenación Municipal da Rúa, non estando cualificados como tales nas normas subsidiarias de planeamiento vixentes no municipio (NSP) ou modificacións posteriores.

A.2. Os espacios QOP-1, residencia Os Pinos; Q-1 próximo residencia Os Pinos; Q-14, na rúa Progreso, Q-15, estación de tren; Q-16, próximo á estación do tren; Q-21, na rúa Arnaveca; Q-39, situado na estrada C-533; Q-40, situado na estrada C-533; Q-41, situado ó lado da N-120, por constituír espacios de equipamientos no Plan Xeral de Ordenación Municipal da Rúa, no estando cualificados como tales nas normas subsidiarias de planeamiento vixentes no municipio ou modificacións posteriores.

A.3 As superficies E-l; E-2; E-3; E-4; E-5; E-6; E-7; E-8; E-9; E-10, en tódolos espacios clasificados como solo rústico apto para urbanizar, por constituír espacios de solo rústico protexido no Plan Xeral de Ordenación Municipal da Rúa, non estando cualificados como tales nas normas subsidiarias de planeamiento vixentes no municipio ou modificacións posteriores. No suposto de que si o estivesen parcialmente, esta limitación só lles será aplicable ás áreas desconformes coa cualificación disposta nestes dous planeamentos.

A.4. As superficies UTG-1; UTG-2; UTG-3; UTG-4; UTG-5, no estando cualificados como tales nas normas subsidiarias de planeamiento vixentes no municipio ou modificacións posteriores. No suposto de que si o estuvesen parcialmente, esta limitación só será aplicable nas áreas desconformes coas cualificaciones dispostas nestes dous planeamentos.

A.5. Tódalas superficies edificables en canto os parámetros definidos no Plan Xeral de Ordenación Municipal da Rúa supoñan modificación do réxime establecido nas actuais (SP) ou modificacións posteriores.

A.6. Todo o solo rústico clasificado como tal tanto nas normas subsidiarias de planeamiento da Rúa como no proxecto inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A.7. Con independencia das áreas anteriormente sinaladas, si se poderán conceder licencias, baseadas nas actuais (NSP), sempre que se respecten as determinacións impostas no Plan Xeral de Ordenación Municipal da Rúa, así como as determinacións indicadas na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A Rúa, 14 de agosto de 2003.

José Vicente Solarat López

Alcalde