Expediente ref.03/7095 do Servicio de Patrimonio e Contratación.
Obxecto: determinación do tipo de bens e subministración de equipos informáticos con destino a asociacións de veciños de municipios da provincia da Coruña.
Lugar de entrega: asociacións de veciños de municipios da provincia da Coruña.
Praza de vixencia: un ano.
Prazo de entrega e instalación dos bens específicos: tres meses.
Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.
Orzamento: 258.419,00 euros, IVE incluído ó 16%.
Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva:
a) Polo que se refire ó contrato de determinación do tipo, o órgano de contratación entende que non procede a esixencia de garantía definitiva.
b) Polo que se refire ás subministracións específicas, o 4% do prezo de adjudicación do contrato.
Información: Servicio de Patrimonio e Contratación, Alférez Provisional s/n, 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.
Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.
Anuncio extenso: BOP da Coruña.
A Coruña, 15 de setembro de 2003.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña

