Obxecto do contrato: contratación de subministración, instalación, configuración e posta en marcha dun sistema automático de cobramento e xestión do aparcadoiro vixiado de Xoán XXIII, en Santiago de Compostela.
Tipo de licitación: 90.000 euros IVE incluído.
Prazo de execución: 6 semanas desde a formalización do contrato.
Forma de adxucación: concurso por procedemento aberto.
Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago de Compostela, S.A., entre as 9.00 e as 14.00 hras, dentro do prazo de vinte días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia ou na prensa escrita.
Clasificación do contratista: non se esixe.
Documentación e información: Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago de Compostela, S.A. (TUSSA). Teléfono 981 56 82 10. Fax: 981 57 43 24.
Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 16 do prego condicións económico-administrativas.
Garantía provisional: 2% do tipo de licitación: 1.800 euros.
Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Apertura de plicas: terá lugar en acto público no domicilio social da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago de Compostela, S.A. ás 12.00 h, o segundo día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2003.
Carlos González Lozano
Director-xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago de Compostela, S.A.

