O delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, actuando en nome e representación desta, en virtude das facultades desconcentradas polo Decreto 87/1990, do 15 de febreiro e ordes do 13 de marzo e 12 de abril de 1991, resolveu adxudica-los seguintes traballos:
-Pavimentación e marcas viais en rúas de Burela (Lugo).
Adxudicatario: Ovisa Pavimentos y Obras, S.A.
Orzamento: 525.044,00 euros.
-Proxecto básico e execución do parque municipal de Cervo. R/ Xosé María Cao.
Adxudicatario: Construcciones Carferlo, S.L., Construcciones Transportes Paulino González, S.L., UTE.
Orzamento: 195.429,48 euros.
-Mellora da seguridade vial na avda. da Terra Chá. Vilalba.
Adxudicatario: Obras y Viales Bascuas, S.L.
Orzamento: 64.330,98 euros.
En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de
novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses, contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de acordo co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.
Lugo, 1 de setembro de 2003.
Antonio Boné Pina
Delegado provincial de Lugo

