Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 183, do 22 de setembro de 2003, compre face-la oportuna corrección:
Na páxina 11.926 no punto 8, onde di: «8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas do duodécimo día hábil que non coincida en sábado, nese caso trasladarase ó luns, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña», debe dicir: «8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas do duodécimo día hábil que non coincida en sábado, nese caso trasladarase ó luns, contados a partir do
último día de recepción das ofertas presentadas. O dito acto terá lugar na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña».
A presente corrección de erros non afecta ó cómputo de días.

