Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada AC/VP-0601. Treito: Arzúa-Portodemouros, clave: N/AC/90.1 termo municipal de Arzúa.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 5 de abril de 2002, procédese á aprobación do proxecto das obras de acondicionamento da estrada AC/VP-0601. Treito: Arzúa-Portodemouros, clave: N/AC/90.1, termo municipal de Arzúa, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 16 de xaneiro de 2003 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 106/2003, publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os

prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Arzúa.

Data: 4 de novembro de 2003.

Hora: de 10.00 a 13.00.

Número predio: do 001 ó 055.

Data: 5 de novembro de 2003.

Hora: de 10.00 a 13.00.

Número predio: do 056 ó 111.

Data: 6 de novembro de 2003.

Hora: de 10.00 a 13.00.

Número predio: do 112 ó 167.

Data: 7 de novembro de 2003.

Hora: de 10.00 a 13.00.

Número predio: do 168 ó 223.

Data: 10 de novembro de 2003.

Hora: de 10.00 a 13.00.

Número predio: do 224 ó 279.

Data: 11 de novembro de 2003.

Hora: de 10.00 a 13.00.

Número predio: do 280 ó 335.

Data: 12 de novembro de 2003.

Hora: de 10.00 a 13.00.

Número predio: do 336 ó final.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostas no Concello de Arzúa, e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia da Coruña, praza Luis Seoane, s/n-8ª planta.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, DNI, e último recibo da contribución, podendo achegarse, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia da Coruña, as alegacións que estimen pertinentes para o obxecto de enmendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 15 de setembro de 2003.

José Luis Rodríguez Alonso

Xefe do Servicio Provincial de Estradas da Coruña