Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. a C.S. Pazo do Río.
Situación: Oleiros.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 503 m de lonxitude, coa orixe na liña SMC-708 San Pedro de Nos-Graxal en arqueta lado C.T. Icaria II e final en cela do C.T. Icaria II, unha vez entre e saia do C.S. Pazo do Río, percorrendo a rúa Perseo. Concello de Oleiros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Mone
los, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 14 de agosto de 2003.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA
E DESENVOLVEMENTO RURAL

