Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, a subministracion de mobiliario de laboratorio para o programa de mellora gandeira.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario de laboratorio para o programa de mellora gandeira, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: 2 lotes.

c) Lugar de execución: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 458.436,00 euros.

Lote 1: 95.000 euros (ano 2003).

Lote 2: 363.436 euros (188.436 euros para o ano 2003 e 175.000 euros para o ano 2004).

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada lote.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 33.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 6 de novembro, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público na sala de xuntas da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, o 18 de novembro.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Esta contratación está enmarcada nas actuacións incluídas na medida número 8: prestación de servicios ás explotacións agrarias, comercialización de productos agrarios de calidade e enxeñería financeira. (Feoga-o), do eixe 7 agricultura e desenvol

vemento rural, do programa operativo de Galicia 2000-2006.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2003.

P.D. (Orde 19-12-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural