En virtude do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido, as resolucións dos expedientes sancionadores que se citan a continuación:
-Nº expediente: C-68/2001.
Empresa operadora/titular: Alejandro Sinde Pacheco.
Enderezo: r/ Fernando III O Santo, nº 10. Santiago de Compostela (A Coruña).
CIF/NIF: 33207448-W.
Data da resolución: 30-7-2003.
Establecemento: Alpes.
Resolución: declarativa da conclusión do procedemento sancionador por prescrición da infracción e o arquivo das actuacións practicadas.
-Nº expediente: P-41/2001.
Empresa operadora/titular: José Antonio Costas Simón.
Enderezo: avda. de Castrelos, nº 446. Vigo (Pontevedra).
Data da resolución: 23-7-2003.
Establecemento: Bar Laureano.
Resolución: declarativa da conclusión do procedemento sancionador por prescrición da infracción e o arquivo das actuacións practicadas.
Contra as devanditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2003.
José Benito Suárez Costa
Director xeral de Interior e Protección Civil

