Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de xogo LU-6/2003.

Intentada a notificación ó titular do establecemento, en relación co expediente sancionador en materia

de xogo, que se relaciona no anexo, e ó non poder efectuarse, esta Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, resolve ó abeiro do previsto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, proceder á notificación da dita resolución mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme en vía administrativa, debendo aboa-lo importe da multa por transferencia bancaria no período voluntario sinalado no boletín de multas e sancións á súa disposición na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local na Coruña (sita na rúa Fernando Macías número 18, 1º), a favor do Tesouro da Facenda, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, facendo consta-lo número de expediente sancionador. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución por vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 235, do 5 de decembro).

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2003.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil

ANEXO

Expediente: LU-6/2003.

Empresa operadora/titular: Javier Álvarez López.

Enderezo: estrada N-VI, km 463. 27640 Becerreá (Lugo).

CIF/NIF: 33810169-P.

Data de resolución: 28-8-2003.

Tipificación: grave.

Importe: 3.000,01 A.

Establecemento: Club Satélite 22.

C/c a ingresar: Caixa Galicia ou Caixanova.

Precepto infrinxido: artigo 29 i) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO