A Dirección Xeral para o Deporte recibiu da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 0007820/2003 interposto polo Club Subacuático Bahía de Vigo, contra Resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 23 de maio de 2003 sobre o proceso electoral da Federación Galega de Actividades Subacuáticas.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2003.
José Ramón Lete Lasa
Director xeral para o Deporte

