Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2003pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da contratación da asistencia técnica para explotación e mantemento da rede foronómica nas bacías de Galicia-costa e a elaboración de informes.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria Xeral-Contratación.

c) Número de expediente: OH088196AT.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a explotación e mantemento da rede foronómica nas bacías de Galicia-costa e a elaboración de informes.

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): vintecatro (24).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: seiscentas corenta e seis mil catrocentos setenta e catro euros con corenta e cinco céntimos (646.474,45 A).

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: doce mil novecentas vintenove euros con corenta e nove céntimos (12.929,49 A).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, 7-9.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95/981 54 45 58.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, alínea a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19, alíneas b), c) e e), da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lazaro s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 11 de novembro de 2003.

e) Hora: 10.30 horas.

10. Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 4 de novembro de 2003, ás 10.30 horas, na sala de xuntas A da Consellería de Medio Ambiente.

11. Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Portal informático ou páxina web onde figuran informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia