Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.
Expediente nº: 2003/520.
Acta inf. nº 641/03.
Empresa: Reformas y Cnes. Bertoa, S.L.
NIF/DNI: B-15806904.
Enderezo: urb. Sol y Mar, bloque 11, ptal. 1-2º D, Oseiro (Arteixo).
Materia: seguridade e hixiene.
Proposta de sanción: 1.503,00 A.
Resumo da acta de infracción:
Visitada en data 26 de febreiro de 2003 a obra de construcción sita na avda. das Mariñas, 139 no Carballo (Oleiros), constatouse que a empresa de referencia, cun cadro de persoal de 8 traballadores e dedicada á construcción, non tiña designado un ou varios traballadores para ocuparse das actividades de protección e prevención na empresa, ou non organizar ou concertar un servicio de prevención alleo.
Vulnéranse os artigos 10, 12, 16 e 20 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro; en relación co capítulo IV da Lei 31/1995, do 8 de novembro.
Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.15º e 39 e 40, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.
Documentos que consten nos expedientes:
-Actas de infracción.-Xustificantes das notificacións.
A Coruña, 16 de setembro de 2003.
Elisa Madarro González
Delegada provincial da Coruña

