Aprobado inicialmente por acordo da Comisión de Goberno do concello do 16 de setembro pasado o estudio de detalle promovido por Promociones José Fajo, S.L., para unha parcela sita na vila de Gondomar, rúas Elduayen, Portugal e Otero Pedrayo, faise público polo prazo de 20 días ó abeiro do artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e do medio rural de Galicia.
Gondomar, 19 de setembro de 2003.
J. Carlos Silva Mariño
Alcalde

