Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO.

Polo prazo de trinta días hábiles e para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental e sustentabilidade do medio natural na execución dos proxectos de urbanización e construcción do campo de golf no solo residencial-deportivo de S. Pedro de Perbes-San Xoán de Vilanova, concello de Miño, que estará exposto nos seguintes organismos: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente; delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente (A Coruña) e concello de Miño.

Juan Antonio Maceiras Barros

Alcalde-presidente