Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da parcela número 5 do Campus Universitario de Pontevedra, en desenvolvemento do PERI da unidade de actuación número 19 do PXOU, formulado pola Universidade de Vigo.

O Pleno da Corporación, en sesión do un de agosto de dous mil tres, acordou aprobar, con carácter definitivo, o estudio de detalle da parcela número 5 do campus universitario en desenvolvemento do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 19 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, coa finalidade de establece-lo sinalamento de aliñacións, as rasantes e a ordenación de volumes desa parcela, previo á solicitude de licencia para o edificio de ciencias da actividade física e do deporte, formulándose o dito estudio de detalle pola Universidade de Vigo, e subscrito polo arquitecto Xosé Carlos Rodríguez Otero e debidamente supervisado pola oficina de supervisión de proxectos da unidade técnica da universidade, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, os que se consideren lexitimados poderán interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10-1-6) y 46-1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme dereito, significando que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 21 de agosto de 2003.

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcalde delgado del Área de Urbanismo y Medio Ambiente

CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO

DA COMARCA DO SALNÉS