Aprobado polo Pleno do Consorcio, de data do 8 de setembro de 2003, a convocatoria do concurso, por procedemento aberto, para a subministración do equipamento do subparque de bombeiros de Vilagarcía de Arousa:
Entidade adxudicadora: Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento da Comarca do Salnés, concello de Ribadumia, avda. de Ribadumia nº 3 (Pontevedra).
Obxecto do contrato: equipamento do subparque de Vilagarcía de Arousa.
Prazo de entrega: dous meses.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Orzamento: 168.283,39 A.
Garantía: 2% base de licitación; 4% importe da adxudicación do contrato.
Data límite de presentación das ofertas: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Data de apertura da oferta: o seguinte día hábil ó do remate de presentación, sempre que non sexa sábado, en tal caso, terá lugar o día seguinte hábil, ás doce horas.
Gastos de anuncio: serán sempre por conta do adxudicatario.
Ribadumia, 23 de setembro de 2003.
María Salomé Peña Muñiz
Presidenta do Consorcio para o Servicio contra
Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés

