Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2003 Páx. 12.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/52-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: U. Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T.S., C.T. estrada de Vigo.

Situación: Ribadavia.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 615 m en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. Muñoz Calero, e remata

no C.T. de 400 kVA, R/T 20.0000/380-220 V de tipo interior, nun edificio da estrada N-120 Ourense-Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 20 de agosto de 2003.

P.S. (Resolución do conselleiro do 22-7-2002)

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense