Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2003 Páx. 12.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PO-CN-2002/35 (conservación da natureza).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución de dito expediente, por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

1. Contra a dita resolución, caberá, de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, de se-lo caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo en Caixa Galicia mediante os impresos que ten á súa disposición na Delegación

de Medio Ambiente en Pontevedra (R/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta) nos prazos seguintes:

a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior.

b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Pontevedra, 29 de xullo do 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-CN-2002/35.

Denunciado: Benito Loureiro López.

Último enderezo coñecido: Lugar Rodo, nº 34-Lalín (Pontevedra).

Feitos denunciados: colocación dunha carpa dentro do espacio natural complexo Ons-O Grove, sen autorización.

Precepto infrinxido: artigo 63.11º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación co artigo 3 do Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura do espacio natural en réxime de protección xeral e coa Orde do 7 de xuño de 2001 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: artigo 69 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: multa de 3.000,00 A.