Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2003 Páx. 12.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PO-EN-2002/31 (conservación da natureza).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

1. Contra a dita resolución, caberá de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, de se-lo caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo en Caixa Galicia mediante os impresos que ten á súa disposición na Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra (R/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta) nos prazos seguintes:

a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior.

b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, dende a data da notificación ata o día

20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Pontevedra, 18 de xullo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2002/31.

Denunciada: María Lourdes Mendes Rede.

Último enderezo coñecido: r/ Castelo de Numao, nº 42-2º de Ramalde-Porto (Portugal).

Feitos denunciados: acampada nos lugares expresamente prohibidos nos instrumentos de planificación dos espacios naturais protexidos.

Precepto infrinxido: artigo 63.6º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación co Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural do Monte Aloia.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, de conservación da natureza.

Sanción: multa de 601,02 A para pagar conxunta e solidariamente polos catro denunciados neste expediente.