Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2003 Páx. 12.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dunha subministración por lotes de diverso equipamento para dotación das aulas de mecánica e de topografía do Centro de Formación Ocupacional de Viveiro. (Expediente 72/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración por lotes, de diverso equipamento para dotación das aulas de mecánica e de topografía do Centro de Formación Ocupacional de Viveiro.

b) División por lotes y número: 4 lotes.

c) Lugar de entrega: Centro de Formación Ocupacional de Viveiro.

d) Prazo de entrega: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 238.925,78 euros (douscentos trinta e oito mil novecentos vintecinco euros con setenta e oito céntimos, IVE incluído); lote 1: 66.378,68 A ; lote 2: 76.929,28 A; lote 3: 2.278,36 A; lote 4: 93.339,46 A.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n; 15781-Santiago de Compostela; tfno: 981 54 56 50/54 01 03; fax: 981 54 29 08; www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n-Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do sexto día natural, contado desde o día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais