Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2003 Páx. 12.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, adxudicación por concurso e tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente CO-12-07-03-01 e dous máis).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Proxectos e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento da vía portuaria en Mugardos.

-Clave do expediente: CO-12-07-03-01.

-Orzamento base de licitación: un millón cento setenta e un mil douscentos cincuenta e dous euros con oito céntimos (1.171.252,08 A).

-Prazo de execución: catorce (14) meses.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

-División por lotes: non hai.

b) Descrición do obxecto: departamentos para usuarios en Vilaxoán.

-Clave do expediente: PO-13-03-03-01.

-Orzamento base de licitación: catrocentos corenta e nove mil novecentos noventa e un euros con sete (449.991,07 A) céntimos.

-Prazo de execución: nove (9) meses.

-Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

- División por lotes: non hai.

c) Descrición do obxecto: urbanización na zona portuaria e acondicionamento da vía de acceso de Tragove.

-Clave do expediente: PO-13-07-03-02.

-Orzamento base de licitación: un millón catrocentos setenta e cinco mil setecentos sesenta euros con oitenta e seis céntimos (1.475.760,86 A).

-Prazo de execución: oito (8) meses.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

-División por lotes: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 10 A, 4º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Teléfono: 981 54 53 22.

Telefax: 981 54 72 16.

b) E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

c) Enderezo na Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 3135, 3133 e 3134.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, do punto 2 anterior.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 12.00 horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás 12.00 horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707 (ou no disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo

que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-4, 4º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00 horas.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia