Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do contrato que se relaciona.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas; Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, a División de Recursos Económicos acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

Expediente: S-210/2003.

Obxecto do contrato: subministración sucesiva de material de oficina.

Boletín e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 2003.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

Orzamento base de licitación: 146.700,93 euros.

Adxudicación:

Data: 22-8-2003.

Adxudicatario: Papelería Breixo, S.C.

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: 108.184,70 euros.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos