En cumprimiento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas; Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, a División de Recursos Económicos
acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:
Expediente: C-173/2003.
Obxecto do contrato: adquisición de material funxible para a toma de mostras que se vai analizar na investigación da BSE.
Boletín e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 5 de maio de 2003.
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.
Orzamento base de licitación: 206.626,38 euros.
Adxudicación:
Data: 12-8-2003.
Adxudicatario: Sumcyl, S.L.
Nacionalidade: española.
Importe da adxudicación: 186.196,38 euros.
Expediente: C-185/2003.
Obxecto do contrato: reedición de material gráfico do Programa Galego de Promoción da Saúde Bucodental.
Boletín e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 13 de maio de 2003.
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.
Orzamento base de licitación: 103.178 euros.
Adxudicación:
Data: 29-8-2003.
Adxudicatario: Valladares, S.L.
Nacionalidade: española.
Importe da adxudicación: 63.083,17 euros.
Expediente: C-305/2003.
Obxecto do contrato: adquisición de dous mamógrafos para o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama.
Boletín e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 10 de xuño de 2003.
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.
Orzamento base de licitación: 90.000 euros.
Adxudicación:
Data: 3-9-2003.
Adxudicatario: Philips Ibérica, S.A.
Nacionalidade: española.
Importe da adxudicación: 85.000 euros.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2003.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos

