Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 18/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 1 de setembro 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para establece-las rasantes non definidas no Plan xeral de ordenación municipal da vía peonil de conexión entre a travesía de Navarra e a rúa Valencia, así como para ordena-los volumes edificables no ámbito do polígono de solo urbano consolidado rúa Valencia (código identificativo, H3.05), promovido pola comisión xestora do polígono.

Segundo.-Notificar este acordo á comisión xestora do polígono, na súa calidade de promotor do estudio de detalle, e solicitarlle a presentación no rexistro xeral municipal no prazo máximo dun mes desde que reciban a correspondente notificación de catro exemplares do estudio de detalle idénticos ós previamente presentados en data 22 de xullo de 2003.

Terceiro.-Publica-lo presente acordo, no prazo máximo dun mes, no Diario Oficial de Galicia e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.

Cuarto.-Dilixenciar planos e memoria do estudio de detalle na súa integridade co selo de aprobación definitiva.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra el, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen perxuízo de calquera outro que estime pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 4 de setembro de 2003.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro delegado de Urbanismo