Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2003 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras:

1. Terminación E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (Meis-Vilanova): 314.016,56.

2. Terminación E.P. 9214 Samieira-Busto (Sanxenxo): 207.191,97.

3. Terminación protección vía (tramo Cabanelas-Freixo) E.P. 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Ribadumia): 205.009,17.

4. Dotación de servicios no polígono industrial de Camballón, 2ª fase (Vila de Cruces): 300.506,05.

5. Urbanización da C.P. Arcade-Viso (p.k. 0,00 a 0,590) (Soutomaior): 181.217,31.

6. Acondicionamento da explanación no polígono industrial de Mirallos (Moraña): 150.253,02.

Clasificación empresarial: obra nº 1: grupo A, subgrupo 2, categoría c; obra nº 2: grupo A, subgrupo 2,

categoría c; e grupo G, subgrupo 4, categoría c; obra nº 3: grupo E, subgrupo 1, categoría c; e grupo G, subgrupo 6, categoría c; obra nº 4: grupo G, subgrupo 4, categoría a; obra nº 5: grupo E, subgrupo 1, categoría b; e grupo G, subgrupo 4, categoría c; obra nº 6: grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría d.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 11.00 horas do mércores da semana seguinte á do día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 19 de setembro de 2003.

Rafael Louzán Abal

Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra