De conformidade coa lexislación vixente, ponse en coñecemento do público que con data do 7-7-2003 a asemblea xeral da Cooperativa Lucense de Automoción y Servicios, S. Coop. Ltda. adoptou os seguintes acordos:
-Levar a cabo a reactivación da sociedade, que resultou disolta de pleno dereito como consecuencia da falta de adaptación dos estatutos á Lei 5/1998, do 18 de decembro, dentro do prazo establecido legalmente para iso.
-Adapta-los estatutos da sociedade á Lei 5/1998, do 18 de decembro.
-Proceder á renovación total do consello rector e do interventor da cooperativa, resultando elixidos para ocuparen os ditos cargos os seguintes socios:
Presidente: José Antonio Rodríguez Rodríguez.
Vicepresidente: Emilio López Vilela.
Secretario: José Luis Piñeiro Martínez.
Interventor: José Ramón Piñeiro López.
José Antonio Rodríguez Rodríguez
Presidente

