Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación de Suído, no termo municipal da Cañiza (Pontevedra). (Expediente IN407A 03/300-4).

Examinado o expediente instruído a instancias da empresa Eurovento, S.L., con enderezo a efectos de notificación na rúa Varsovia, 4 C-5ª planta, Área

Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 13 de maio de 2003 a citada empresa solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Modificación da subestación de Suído (autorizada mediante expediente 002-0EOL-IN661A 1999/7) cun módulo de saída liña a 220 kV constituído por: tres autoválvulas, tres transformadores de tensión, dous seccionadores tripolares, un interruptor automático e tres trafos de tensión. A instalación está sita no concello da Cañiza.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra someteu o citado proxecto de instalacións, a trámite de información pública mediante Resolución do 21 de maio de 2003, publicada no DOG do 5 de xuño, no BOP de Pontevedra do 11 de xuño, e na Delegación Provincial de Pontevedra.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período no que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente conta coa información favorable da Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 23/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre co disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la ampliación da subestación de Suído no termo municipal da Cañiza (Pontevedra).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas