Visto o Decreto 327/1991, do 4 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), de avaliación de efectos ambientais para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra,
RESOLVE:
Darlle publicidade, mediante esta publicación, ó Acordo do 5-5-2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación para perpiaño e semibloque da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Vilachán nº 2763, sita en terreos do termo municipal de Oia, provincia de Pontevedra, promovido por Granitos Vigo, S.L.
A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 2,24 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión de 2 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 01' 20'', 42º 01' 00'' norte e polos meridianos 8º 48' 00'', 8º 47' 20'' oeste, que foi incorporada ó expediente da concesión Vilachán nº 2763 e se atopa á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.
Pontevedra, 11 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

