Outorgada a declaración de utilidade pública, en concreto, por resolución da Consellería de Innovación, Industria e Comercio con data do 4 de setembro de 2003, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas do referido parque eólico (expediente 11/2001), a prol da entidade beneficiaria Energías Ambientales EASA, S.A. con enderezo en r/ José Luis Bugallal Marchesi, 20-1º esqda., 15008 A Coruña.
Esta delegación acorda sinala-lo día 31 de outubro de 2003 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso por producción de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Mazaricos, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia con data do 11-9-2003, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles a data e horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello ás 13 horas do citado día.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.
A Coruña, 30 de setembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

